Ciclismo
Declaración
Ando a usar a bicicleta tódolos días por Santiago, e queríalle dar unhas ideas ós concelleiros, xa que unha bicicleta non se manexa igual que un A8. Lonxe de reivindicar carril-bici, que me parece algo de ciencia ficción nunha cidade tan volcada cos aparcamentos soterrados e co turismo, voume quedar en pequenas melloras de fácil acometida.
Ando a usar a bicicleta tódolos días por Santiago, e queríalle dar unhas ideas ós concelleiros, xa que unha bicicleta non se manexa igual que un A8. Lonxe de reivindicar carril-bici, que me parece algo de ciencia ficción nunha cidade tan volcada cos aparcamentos soterrados e co turismo, voume quedar en pequenas melloras de fácil acometida.
Ahí vai unha lista de consideracións de urbanismo:
- O arcén é prescindible. Xamáis hai que poñer un arcén nunha rúa, xa que podería ser utilizado polas bicicletas.
- Pintar unha raia marela ou branca xusto no borde da rúa cumple dúas funcións moi importantes: fai que os coches automáticamente se apropien de todo o ancho da calzada, tomando o dereito de pasarlle ós ciclistas moi preto porque van invadindo o seu carril; e o mesmo tempo fai que esa zona sexa esvaradiza para as rodas da bici.
- O borde da rúa nunca se unirá a nivel coa beirarrúa. Sempre ha de haber un burato de non menos de 10 centímetros cheo de cristais e pedras. Así, cada bicicleta que pase por ahí por accidente ou empurrada por un coche terá que voltar pinchada á casa.
- A raia marela e o buraco do borde só se interrumpirán pra poñer alcantarillas. Estas alcantarillas nunca se poderán poñer cun desnivel inferior a 10 centímetros ó da rúa. Así, ademáis de pinchar a bicicleta, torceráselle a llanta, e no caso da bicicleta de carreiras, non poderá ser endereitada.
- Sempre que haxa que pasar unha tubería de teléfono, gas, electricidade, auga... farase polo borde externo da rúa. Ademáis ha de requerírselle a empresa que o faga que tape o buraco da peor maneira posible: un desnivel sempre maior de 5 centímetros, con asfalto rugoso e irregular (mellor aínda, con cemento). Se hai previsto facer dous pasos de tubo, abrirase un ó lado do outro, pra ampliar a zona intransitable. Os tubos que atravesan de lado a lado a rúa tamén son unha boa ocasión pra poñer estas trampas ós ciclistas.
- Cando unha rúa teña un pequeno desperfecto na zona onde debería estar o arcén, botarase o suficiente asfalto como pra provocar un abultamento de 10 centímetros ou máis. Este proceso poderá ser recursivo, aumentando o volume do parche cada pouco tempo.
- Tamén se apreciarán as rúas con adoquinado ou empedrado imposible. Tres bos exemplos a seguir son a Rúa de S. Pedro, Rúas Carretas/Trinidade e Castron Douro. A idea de comezar a Rúa de S. Pedro cun rexistro de lado a lado da rúa coas rendixas na dirección da roda é maxistral: custoume un arranxo de 20 euros na roda dianteira, e un golpe na cadeira.
- Cando se remodele unha rúa o procedemento será sempre medir o ancho dun coche e dar ese ancho exacto á calzada. Se se pode aumentar a pendente máxima, será ideal. O mellor exemplo sería a Rúa das Rodas (acompañada polo maxistral movemento de pechar ó tráfico a R. Valleinclán). Tamén hai bos exemplos en todas as remodelacións do ensanche. Se algunha zona poidera ser utilizada por moitos ciclistas, poñerase o peor firme posible da peor maneira posible, e esquecerémonos dél por trinta anos. Por exemplo, en todo o Campus Sur.
- Toda a zona vella estará desprovista de lugares para atar a bicicleta. Na zona nova xa están farolas e árbores pra iso. Semellante inversión en argoias de ferro é inabordable para un Axuntamento como o de Santiago. Mellor facer un burato no monte Gaias e enchelo de cemento.
- Nunca ningún alcalde pasou á historia por favorecer ó ciclista ou ó motorista. No canto, Paco Vázquez será sempre recordado na Coruña pola construcción dun tranvía amplamente utilizado por xubilados aburridos e turistas despistados. E ó fin, ¿pra qué se constrúen as cousas? ¿Pra uso do cidadán ou pra maior gloria do consistorio?
por xbello, 09:59 13/12/2007
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí:
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: