Follas de Limon
Receta típica de Entroido e pouco coñecida. Fanse de maneira moi similar as flores de entroido, non precisas dun molde, so dunha ramiña de limoeiro!
Ingredentes
• ½ kg de fariña
• ½ l de leite
• 12 ovos
• Aceite de oliva
• Follas de limoeiro
• Acucre
Elaboración
Mesturar primeiro o leite coa fariña; cando estea ben ligada a masa, unir cos doce ovos ben batidos. Separar en follas individuais cada rama de limoeiro.
Lavar e secar cun pano para introducir de unha en unha na pasta que acabamos de facer. Non hai que introducir toda a folla; con metela un pouco máis da metade será suficiente.
Pasar despois pola tixola chea de aceite ben quente. Deixar que se douren, retirar da tixola e extraer as follas.
Colocar as follas nunha fonte segundo se vaian facendo esparexendo con azucre.
A foto está collida emprestada do blog Las libretas de Calohe, no que tamén podes atopar esta receta

por reddecentros, 18:22 26/01/2012
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: