Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

Flores de entroido

O Entroido en Galicia caracterizase tamén pola súa gastronomia específica, aprende a facer esta receta tipica do entroido.
Ingredientes
•    6 ovos
•    0,250 kg de fariña
•    0,250 l de leite
•    Reladura de limón
•    1 copiña de anís doce
•    Aceite de oliva
•    Manteiga de porco

Elaboración
Disólvese a fariña no leite e bátense continuación os ovos para unilo todo. Unha vez feita a mestura, incorpóraselle a reladura de limón e a copiña de anís, termínase de unir e déixase repousar. Entrementres, ponse a quentar nunha tixola fonda abundante aceite cunha pouca manteiga de porco.
Neste aceite quente introdúcese o molde elixido -o máis normal é un molde de flores ou de orellas- deixando que quente para metelo seguidamente na mestura, sen que esta cubra de  todo o molde. Pasar despois ao aceite quente esperando uns segundos a que a masa se desprenda do molde. Así que as flores están douradas, sacalas cunha espumadeira e colocalas nun papel secante para que escorran o aceite. Pasar finalmente as flores por azucre e presentar facendo unha torre.

Esta receta recollese en moitos blogs, un dos que mais nos gustou foi o de : La Cocina de la Lechuza que explica o proceso paso a paso con fotografias

Tags: entroido   fariña   flores   

por reddecentros, 18:14 26/01/2012

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: