Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

Croquetas de Castañas

Recetas de outono, de Samaín ou do magosto. Esta receta é moi pouco coñecida pero moi sabrosa.
CROQUETAS DE CASTAÑAS

Ingredentes: 1 quilo de castañas, cuarto litro de leite, 150 gr de azucre, 100 gr de azucre moído, 50 gr de manteiga, 3 ovos, 100 gr de pan esmiuzado, perfume de vainilla ou anís, 100gr de manteiga do porco, aceite.


Quítaselle-la casca ás castañas, bótanse nunha cazola, cóbrense de auga e póñense a lume vivo, cando a pel se desprenda con facilidade, pélanse. Bótanse no leite coa vainilla e cócense ata evapora-lo leite. Pásanse polo baruto, e fórmase un puré, bótase na cazola e engádeselle a manteiga, trabállase coa espátula e agrégaselle o azucre. Incorpóranse os ovos de un en un. Co puré de castañas temperado, fórmanse as croquetas, pásanse polo azucre moído, rebózanse en ovo e pan esmiuzado. Frítense en manteiga de porco con aceite (en partes iguais). Cando estean douradas escórrense e sérvense.

Tags: castañas   croquetas   outono   

por reddecentros, 18:51 24/01/2012

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: