Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

biscoito de cabaza

  Receta especial de Samaín, unha vez que cortas a cabaza para facer as candeas de samaín podes aproveitala para facer un delicioso biscoito
BISCOITO DE CABAZA
Ingredentes:
250 gr de cabaza sen pel   
70 ml de aceite de xirasol                    
3 ovos, 250 gr de fariña    
1 sobre de lévedo.                    
200 gr de azucre 


1. Cortar en anacos a cabaza, poñer nun prato e cociñar ao microondas uns 5 minutos ata que quede brandiña.
2. Aplastar cun garfo.
3. Mesturar ben a cabaza co resto de ingredientes.
4. Poñer nun molde para forno, engrasado cunha pinga de aceite. Precalentar o forno a 180ºC. Fornear o biscoito a 180ºC uns 30 minutos. 

Tags: biscoto   cabaza   postres   

por reddecentros, 18:47 24/01/2012

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: