ECONOMITIS
Diferenzas abismais nos soldos = economitis €
É o ano do euro, Don Euro. Realmente, un nunca pensou en euros, ou sexa que está pensando en euros por primeira vez, pero iso é o de menos. Obxectivamente o único campo que fica por falar en extenso é o da economía, e, cona, o campo de seu é fantástico... Malia que nos pese o diñeiro ocupa xa todos os lugares do interese público, e a xente está capacitada para desenvolver os seus estadios económicos cunhas mínimas garantías, cousa, que, por outra parte, non se daba vai unha década, tal vez. Como o campo económico abrangue moitísimos grados de desenvolvemento en todas partes realmente sería disparatado falar dunha fórmula maxistral que resuma todos eses aspectos, do cadanseu, pero, aínda así, podemos fiarmos do que as Contas do Estado reflexan e un non pode senón dar os seus parabéns talmente a Solbes, e ao seu equipo, que, a diferenza de Rato, parece saber mellor do que se trata. Se Rato tiña unha preocupación desmesurada por facer un Estado Blindado para goce dos altos cargos, Solbes dinamita por abaixo a balanza e o seus discursos reflecten as propias necesidades do Estado, tal cal, sen que os espellismos dos Grandes Inversores poidan xa renegar do que un Pobo, máis ben pobre, pode dicir de se mesmo. Se con Rato falaba o Estado dos Grandes, con Solbes fala o Estado dos Pequenos, e isto é así segundo ben se pode comprobar.
Nada máis lonxe de nós que non admitir que todo o mundo se debe á súa oportunidade, e, diso, de que sigamos tendo oportunidades, trata a Economía. Cada quen pode pór o seu exemplo. En canto a Misterios, só ficaban os de Fátima, pero Xoán Paulo II dixo que a derradeira monxa lle develara o secreto. Polo tanto, os Misterios, siguen outro curso, que non son os habituais.
As contas xa non as fai o demo, senón xente normal que debera saber o que quer, e con isto é co que contamos, con que a xente saiba o que quer, doutra maneira non se lle podería ofrecer.
Ademais, as rutas tradicionais que marcaron a nosa pauta de conducta a través dos anos, resolven tamén en que a intranquilidade dos mercados só se pode producir por quen mova grandes cantidades de diñeiro, e non ao revés. Polo que, tamén, os que non sexamos capaces de adquirir grandes fortunas seremos incapaces de amolar nada, pois non ficamos capacitados.
É verdade que iso só nos interesa a nós, que somos os que temos que troulear cada día co noso pesadelo, pero polo menos coidamos que, en facendo ben, non faremos mal, do que xa se poden alonxar as dúbidas todas que teñamos ao respecto.
Quen intranquiliza os mercados é quen pode, non quen non pode, é, polo tanto, eses son os causantes das nosas desgrazas todas, se viñeren. Oremos por que non sexa así.
A maior parte do día pasámola coidándonos o que poidamos deses terribles desastres que nos angurian, e, iso abofé que é o que debemos facer. Por iso levamos acesas as teas dos nosos lumes, coidando de que non se apaguen. Máis Alá a rota xa está descrita, e o único que nos fica é seguir a pegada dos que nos predeceron, pois eles tamén a mantiveron acesa. O así.

por c2p2, 21:53 06/08/2008
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: