rock en costa
o castiñeiriño deber ser dos sitios que me quedan máis lonxe. vaia, non, sería máis lonxe se vivise no romaño. pero mido a distancia desta cidade andando a pé. nunca souben se rock en costa era porque o torreiro foi empinado. agora non, ten algo de herba e é chan.
son unha xente ben ao xeito esta do castiñeiriño, asociación xurásica. aínda era cousa de meterse, así unha viva a dous quilómetros e medio. namais coñecía os samesugas, que tocaron apurado. se cadra tocaron todos apurado, se cadra era eu que tiña présa. tivemos que volver unha chea todos metidos nun coche. isto non o le a policía municipal, non si?
por ampar, 13:50 03/06/2007
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí:
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: