corenta días de auga son
si claro, e logo pensabades que non ía falar do lugar común da humidade? se non chove na ascensión, o 2007 vai ser ano de sol. bonaval, praia de compostela que é de area de mentira pero pódese ir en tren, tapia, cañas nas terrazas. non facía falta galicia toda a uralita. a pedra tamén torna do frío como torna da calor.
e non hai cousa mellor cá fotosíntese no día das festas patronais, que se xuntan coas festas da letra. bonaval era unha festa no aire. e ese cemiterio unha das cousas máis bonitas da cidade. deberan externalizar o panteón de galegos ilustres. comemos ensalada de polo e tomate e falamos de canto mellor non sería comer sardiñas e de que coma quen di vén aí o san xoán, a festa máis grande do ano.
por ampar, 13:26 18/05/2007
Novo comentario
É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí:
Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: